Gonzalo Hermo González

----

Gonzalo Hermo González

1987 Rianxo, A Coruña, España
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Gonzalo Hermo González

1987- Rianxo, A Coruña, España
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, vive en Barcelona, onde traballa como profesor da Universitat Autònoma de Barcelona e da Escola de Lletres de Tarragona.

Publicou tres libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014), traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017), e A vida salvaxe (Pen Club Galicia, 2018), que conta con edición bilingüe galego-catalán autotraducida polo autor (Godall, 2019). Pola súa obra poética, recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios e o Premio Nacional de Poesía Nova «Miguel Hernández».

Os seus últimos traballos como tradutor consistiron na edición en castelán de Memorial e danza, de Francisco Cortegoso (Ultramarinos, 2020), e na tradución ao galego de O porqué de todas as cousas, de Quim Monzó (Kalandraka, 2021).

A súa primeira novela, Diario dun enterro (Galaxia, 2019), que conta con edición en catalán (Lleonard Muntaner, 2020), obtivo o Premio Repsol de Narrativa Breve.

Publicacións nas que participou Gonzalo Hermo González

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces
Portada de  Poetas itinerantes
LIBRO

Poetas itinerantes

= Poeta ibiltariak

A rabia

II. Monólogo adicto