Lola Dopico

----

Lola Dopico

1970 Ferrol
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Lola Dopico

1970- Ferrol

Con dilatada experiencia na xestión académica, foi directora de ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia), Universidade de Vigo, desde 2004 ata a actualidade. Nesta mesma universidade e desde 2017 foi responsable da posta en marcha, e actualmente coordinadora, do Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda.


Desde 1994, é doutora en Arte pola Universidade de Vigo e profesora na Facultade de Belas Artes nas áreas de Deseño e Tecnoloxía. lmpartiu nos últimos anos a docencia nas áreas de Teoría do Deseño e Tendencias no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.


Na área de investigación lidera, no ámbito do deseño de moda desde 2005, o Grupo de Investigación 'Tracker Laboratorio Visual". Foi investigadora principal de diversos proxectos financiados, centrados no ámbito do deseño. Os máis recentes: "Intersecciones de las formas productivas artesanales con la cultura digital como vía para el diseño contemporáneo" (2014-16 Secretaría Xeral do Estado l+D+i ), "Estudo da persistencia das formas tradicionais e dos procesos artesanais no deseño contemporáneo" (Xunta de Galicia, 2011-2013) e "O diálogo entre moda e arquitectura como espazo significante de creación" (Fundación Cidade da Cultura). Liderou proxectos de innovación docente como "Necesidades y análisis de la formación en el ámbito creación, diseño y diseño de moda"(2009) e dirixiu numerosas teses de doutoramento inscritas no campo do deseño e a creación contemporánea.


Entre as súas últimas publicacións destacan as relacionadas co estudo do deseño de moda: 'Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico"; "Distinguirse? Algunas notas sobre actualidad y diseño de moda en Galicia", Con-Fio en Galicia (Museo Centro Gaias, 2016); "Designers em diálogo com a tradição: lnovação e identidade cultural", Pesquisas em design, gestão e tecnología de Textil e Modo {Ed. Escola de Artes, Ciencias e Humanidades, Universidade de Sao Paulo, 2015); Hacer, diseñar, pensar. Piezas, experimentos y caminos del diseño {Museo Nacional de Artes Decorativas, 2013); O diálogo creador. Deseña e tradición cultural (Museo do Pobo Galega, 2013), La cultura del proyecto y el "saber hacer", un paso más allá del diálogo DEBUT 2012; "El retorno al origen. La innovación en el diseño y la artesanía", Camiños no deseño. A Terro na Orixe (2012); "Habitaciones y hábitos. Reflexiones sobre la moda y la arquitectura", catálogo DEBUT 2011.


Na súa traxectoria destaca a creación de proxectos centrados no ámbito da cultura do deseño e a moda. Desde 2007 é directora de DEBUT, un evento de exhibición de creación e moda que ten lugar en Pontevedra e que é unhas das citas anuais máis destacadas no país dentro do calendario de eventos de moda.


Entre os seus resultados de investigación figuran as seguintes exposicións: Un, dous, tres: Escondite. Inglés (2019, Casa Galega da Cultura, Vigo); Especulacións Utópicas: lntersecccións entre moda e arte arredor do corpo (2019, capela do Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela); Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico (2018, Casa Galega da Cultura, Vigo, con itinerancia na Biblioteca da Universidad Pascual Bravo, Medellín).


Tamén sobresae Tecido Cru, un ciclo expositivo de catre mostras realizado durante tres anos: Tecido Cru l. Deseñar e construír; Tecido Cru 11. Insectos, catedrais, pregues e trenzas; e Tecido Cru 111. Positivo e negativo. Así mesmo, foi comisaria das exposicións: Caminos en el diseño, con itinerancia internacional entre 2012-13; O diálogo creador. Deseño e tradición cultural, Museo do Pobo Galega, 2013; Hacer, diseñar, pensar. Piezas, experimentos y caminos del diseño, 2014, Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid, e en 2015 Memoria e ldentidade no laboratorio de moda, na galería Sargadelos, con itinerancia na Casa Galega da Cultura, Vigo.

Publicacións nas que participou Lola Dopico