Ivo Castro

----

Ivo Castro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ivo Castro


Ivo Castro é un dos maiores experto nas áreas da historia da lingua portuguesa e da crítica textual portuguesa tanto de textos medievais coma contemporáneos. En xullo de 2017 a súa labor foi homenaxeada no IV Congresso Internacional de Linguística Histórica, en Lisboa. Entre as súas publicacións destacan as realizadas no eido dos estudios de historia da lingua portuguesa e da gramática do portugués en títulos coma Curso de História da Língua Portuguesa, com Rita Marquilhas e J. Léon Acosta (1991), Introdução à História do Português (2004, 2ª ed. aumentada, 2006) ou Elementos de Grammatica Portugueza (1996). Ten traballado tamén na edición de relevantes figuras da filoloxía portuguesa coma Tavares de Macedo e Leite de Vasconcelos: José Tavares de Macedo, Obras InéditasEnsaio sobre o estudo historico das linguas (1996), José Leite de Vasconcellos, Dicionário de Regionalismos e Arcaísmos (1999-2002) ou O Legado de Leite de Vasconcelos na Universidade de Lisboa (2019). O profesor Castro é unha das máximas autoridades mundiais na edición e coñecemento de Fernando Pessoa, con varios volumes entre os que destacan Poemas de Fernando Pessoa. 1921-1930 (2001), Poemas de Fernando Pessoa. 1931-1933 (2004) ou Obra essencial de Fernando Pessoa, 9 vols. (2015). En 1995, por convenio coa Xunta de Galicia, creouse a Cátedra de Estudos Galegos da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, da que Ivo Castro foi o seu presidente desde 1995 ata 2005. En 2023, con Henrique Monteagudo como padriño, Ivo Castro foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela

Publicacións nas que participou Ivo Castro

Portada de  Sociedades plurilingües
LIBRO. ACTAS

Sociedades plurilingües

Da identidade á diversidade
Portada de A lingua galega, historia e actualidade (v. IV)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega, historia e actualidade (v. IV)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela

Ivo Castro nas actividades do CCG