Fernando Castro

----

Fernando Castro

Biografía de Fernando Castro


Profesor Titular de Estética e Teoría das Artes da Universidade Autónoma de Madrid, Fernando Castro Flórez é, ademais, comisario de exposicións e membro do Patronato do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A súa colaboración coa prensa é habitual. Director da revista “Cuadernos del IVAM”, exerce de crítico do suplemento “ABCD las Artes y las Letras” e colabora frecuentemente con revistas especializadas como “Descubrir el Arte”, “Revista de Occidente”, “Contrastes” ou “Monográfico.net”. Entre os seus libros salientan, entre outros, Narciso y Acteón: el deseo y la mirada; Fasten Seat Belt. Cuaderno de campo de un crítico de arte; El texto íntimo. Kafka, Rilke, Pessoa; Demoliciones; Sainete ou Mensaje sin texto. Notas sobre la fotografía.

Publicacións nas que participou Fernando Castro

Conferencia de Fernando Castro Flórez «La obra de arte en la época de la perogrullada incesante»