Paulo Rodríguez

----

Paulo Rodríguez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Paulo Rodríguez


Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e DEA en Galego-Portugués e Estudos Románicos pola UDC. Ampliou a súa formación como especialista en Teatro na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da Universidade do Porto (Portugal) e realizou Posgrao en Xestión Cultural na Universitat Oberta de Barcelona. Realizou varios cursos de especialización, entre outros, “Semiótica” (UNED).
Ten unha ampla experiencia na xestión cultural: director do Teatro Rosalía Castro da Coruña (desde 2011); presidente da Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública (2014-17); director-xerente do Auditorio de Galicia (2006-11); técnico de cultura e director da Aula de Teatro na UDC; director da Aula de Teatro do campus de Lugo da USC.
Integra as comisións de La Red: Ballet, Danza e Artes do Movemento (comisión que coordina neste momento), Inclusión Social e AAEE e a de Internacional; o Consello Estatal de las Artes Escénicas y de la Música e o seu Comité Ejecutivo. INAEM (2014-17); e a Comisión Artística da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC).
Ten varias publicacións sobre teatro. Colaborou como profesor convidado en todas as edicións do mestrado en Xestión Cultural da USC.
Fundou a súa propia compañía de teatro e traballou con varias compañías profesionais como actor e director.
Na actualidade é director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Paulo Rodríguez nas actividades do CCG