Histórico: Participación de Rosa Chapela Pérez nas actividades do CCG

----

Rosa Chapela Pérez

Biografía de Rosa Chapela Pérez


Coordinadora da Área de Socioeconomía da Pesca no Centro Tecnolóxico do Mar-CETMAR dende 2002. É doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Previamente traballou na asesoría xurídica da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia. Colabora, dende 2013, coa Rede Europea FARNET de Grupos de Acción Local de Pesca como experta xeográfica e contacto para España, participando no proxecto de dinamización do desenvolvemento local participativo. Ten experiencia en políticas pesqueiras e gobernanza da acuicultura e da pesca e, no ámbito do departamento de Socioeconomía, participa en numerosos proxectos europeos relacionados coa xestión da pesca e da acuicultura e a súa innovación e impacto socioeconómico. Participou na elaboración de informes para FAO e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), así como en proxectos de cooperación para a participación da muller e a súa formación en acuicultura en Vietnam, Senegal e en proxectos de irmandade en Romanía e Bulgaria. Colaborou na redacción de propostas sobre o papel da muller no sector da pesca e da acuicultura tanto no ámbito nacional como internacional. Participa no desenvolvemento de proxectos do Programa H2020 da Unión Europea como o PrimeFish, AquaVitae, ClimeFish e FarFish liderando grupos de traballo relacionados ca participación de stakeholders e a difusión e comunicación destes proxectos.