Biografía de Gustavo Romano
Artista visual e comisario. Desviando da súa función habitual obxectos de uso diario ou mecanismos tecnolóxicos, reflexiona sobre a rutina e o rol do suxeito na sociedade de control fortalecida polas novas tecnoloxías da información. En 1995 funda o sitio web Fin del Mundo, unha das primeiras plataformas de exhibición e difusión da net art en Iberoamérica. Responsable do proxecto NETescopio, arquivo de obras de arte na rede do MEIAC de Badaxoz.