Alicia Estévez Toranzo

----

Alicia Estévez Toranzo

1955 Pontevedra
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Alicia Estévez Toranzo

1955- Pontevedra
Doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia. Catedrática de Microbioloxía na USC

Ten unha ampla traxectoria no mundo da investigación e actualmente é directora do grupo de investigación en patoloxía en acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela. Nesa mesma universidade foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e coordinadora do Programa de Doutoramento en “Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria”.

É autora de máis de 300 artigos e capítulos de libros e titular de 8 patentes de uso en acuicultura. Participou en 90 proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico nacionais, europeos e autonómicos. Mantén unha continua colaboración de asesoramento e prestación de servizos con compañías do sector produtivo e do sector farmacéutico-veterinario.

Dirixiu 17 teses de doutoramento, impartiu máis de cen conferencias e cursos sobre acuicultura e microbioloxía ambiental en congresos e universidades ou centros de investigación nacionais e internacionais. Premio Nacional “Jaime Ferrán” da Sociedad Española de Microbiología, “Título de Excelencia Galega en Investigación” da AEGACA, Premio “Bióloga do Ano 2018” do COBGA, Premio “María Josefa Wonenburger Planells 2018” da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia” e Premio “Colexiada do Ano 2019” da Unión Profesional de Galicia.

É académica de Número da Real Academia Galega de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia.