Biografía de Alba Cid
1989- OurenseEstudante de Filoloxía Galega na USC e bolseira do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Finalista nacional no 43 Concurso de Redacción Coca-Cola e unha das gañadoras de Relatos do Verán 2001 de La Voz de Galicia. Acadou premios coma o de Poesía Anxel Casal (2006, 2007), o 2º nos Minerva (2007), varios do Francisco Añón do Concello de Outes, e do Certame Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008), o 2º de Poesía no Certame GZ Crea (2007) o Aurelio Aguirre (2008), o Manuel Oreste Rodríguez López (2009) ou o premio Ourense de Contos para a Mocidade (2010).
Participou en recitais varios, no libro colectivo Poética da Casa (2006) e nas revistas Raigame, Dorna e Grial (nesta última, con artigos sobre normalización e lingua en ámbitos coma Facebook ou o Rock Bravú).
Publicacións nas que participou Alba Cid
LIBRO
O equilibrio dos extremos
: Xela Arias en 12 voces
LIBRO
Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro.
Vivencias, transcricións e análise. Transcricións en sistema RE
LIBRO
Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro.
Vivencias, transcricións e análiseMateriais de Alba Cid
DOCUMENTO