Elena Colmeiro

----

Elena Colmeiro

1932 Silleda, Pontevedra
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Elena Colmeiro

1932- Silleda, Pontevedra
A extensa traxectoria artística de Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), tras seis décadas dedicada á creación, desvela un traballo de grande intensidade, cunha nidia aposta polo procesual, un facer constante e instintivo onde a materia procura o seu espazo. O acto de crear adquire nesta artista unha forte implicación co sentido do oficio, xirando arredor dos nexos entre materia e linguaxe. A súa traxectoria vital ten como punto de arranque o lugar de San Fiz de Margaride, en Silleda, onde conserva a casa familiar. Esténdense por Bos Aires (reúnese alí co seu pai, o pintor Manuel Colmeiro, quen se exiliara por cuestións políticas), alí comeza a súa formación artística na Escola Nacional de Cerámica e obterá os primeiros recoñecementos á súa obra e as primeiras oportunidades expositivas. Regresa a Galicia a mediados da década dos 50 e, posteriormente, afíncase en Madrid, desde onde continúa a manter unha relación constante co contexto galego, como demostran as súas distintas estadías na Fábrica de Cerámica de Sargadelos, nas que realizou o encargo de Autoestradas do Atlántico (1989), unha das súas obras instaladas no espazo público realizadas en Galicia. Desde 1966, forma parte da Academia Internacional de Cerámica e participa en numerosas exposicións e estadías internacionais, como no Mill Collage de Oakland (San Francisco, EE UU) ou no European Ceramics Work Centre en ‘s-Hertogenbosch (Países Baixos), daquela dirixido polo escultor galego Xabier Toubes, que lle ofrecen novas posibilidades na súa incansable indagación matérica. Desde os seus comezos artísticos, Elena Colmeiro converte a escultura no seu territorio de experimentacións, achados e exercicios de resistencia, poñendo en xogo a dualidade entre o exterior e o interior, a pel e as entrañas de obxectos, que comezaron tendo alma de cerámica revestida de sintética decoración e que, co paso do tempo, evolucionaron afastados da tradición, en pezas caracterizadas polo encontro con materiais industriais, proporcionándolle unha complexidade formal cara ao encontro fortuíto.

Elena Colmeiro nas actividades do CCG

Artigos

FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (526), 6 .
Mencións: Jesús Bal y Gay ; Elena Colmeiro ; Antonio Meijide Pardo ; Ramón Otero Pedrayo ; Eladio Rodríguez González ;
COLMEIRO, E. (7/1990) Sen título. Andaina. 1ª época (21), 26.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións: