Álvaro Cunqueiro

----

Álvaro Cunqueiro

1911 Mondoñedo | 1981 Vigo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Álvaro Cunqueiro

1911- Mondoñedo | 1981 Vigo
Un dos grandes autores das letras galegas e españolasÁlvaro Cunqueiro Mora-Montenegro cultivou a narrativa, a poesía e o teatro, ademais do xornalismo e a literatura gastronómica. Creador dun universo fantástico de seu, mesturou as influencias clásicas cun estilo anovador. Está considerado un dos grandes autores das letras galegas e mais da literatura española. É o autor da famosa cita “Mil primaveras máis para a lingua galega”, que figura no seu epitafio.

Naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911, fillo do boticario Joaquín Cunqueiro Montenegro e de Xosefa Mora Moirón, quen lle transmitiu a capacidade para inventar contos. Vivían ao pé da catedral mindoniense, e a familia legoulle coñecementos sobre botánica, zooloxía, farmacoloxía e natureza, aspectos ambos que tiveron unha forte pegada na súa obra.

Fixo o Bacharelato en Lugo, onde coincidiu cos autores Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole, e en 1927 foi vivir a Santiago de Compostela. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras, coa idea de especializarse en Historia, mais abandonou os estudos e traballou como xornalista en El Pueblo Gallego. Frecuentou os faladoiros do Café Español, onde coincidiu con Paco del Riego, Domingo García-Sabell, Torrente Ballester, Carballo Calero ou Carlos Maside entre outros.

De volta en Mondoñedo promoveu a aparición de varias publicacións de carácter vangardista como Papel de color ou Galiza (1930-32), así como Editorial Un. Afiliouse ao Partido Galeguista e desenvolveu a súa obra poética coas obras Mar ao norde (1932, libro de iniciación, xa con pegada dos vangardismos), Cantiga nova que se chama Riveira (1933, neotrobadorista, con esquemas métricos tradicionais) e Poemas do si e non (1933, con certo carácter surrealista). Nesta época escribiu no semanario literario Vallibria, fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930.

Colaborou en catro ocasións na revista Nós. No n.º 110 (febreiro 1933) publicou o poema «Fiestra», dedicado a Raimundo Aguiar. No n.º 121 (xaneiro de 1934) aparecen seis fragmentos de «O mundo i-outras vísperas». O n.º 130 (outubro 1934) recolle a súa tradución de dous poemas de Friedrich Hölderlin, «Adeus» e «Primaveira», xunto cunha introdución biográfica. E no nº 131-132 (nov.-dec. 1934) plublica «Primeira elexía», poema do que se di que forma parte do libro inédito Favorábel prisión de sono.

Tras o alzamento nacional non foi represaliado. Grazas á influencia da súa familia conservadora, e en outubro de 1936 comezou a dar clases en Ortigueira nun colexio privado. Colaborou coa publicación falanxista Era Azul e militou en Falanxe Española, chegando a ser xefe de Prensa e Propaganda comarcal. En 1937, a instancias de Jesús Suevos, comezou a traballar como redactor na sección literaria de El Pueblo Gallego, e nesa etapa en Vigo deu clases de portugués no instituto da cidade. En novembro de 1938 trasladouse a Donostia á redacción de La Voz de España, e foi subdirector de Vértice, revista nacional de Falanxe. Estableceuse en Madrid en 1939, tras a toma da cidade polas tropas nacionais, e pasou a escribir no ABC.

En 1944 foille retirado o carné de xornalista, logo de non entregar uns textos sobre o Camiño de Santiago polos que xa cobrara, e regresou a Mondoñedo. Seguiu escribindo poesía, e en 1950 publicou Dona do corpo delgado, mais nesta época comezou a publicar de forma habitual obras de narrativa, como Merlín e familia (1955), As crónicas do Sochantre (1956), Escola de menciñeiros (1960) ou Si o vello Sinbad volvese ás illas... (1961), e tamén obras teatrais como Don Hamlet (1958).

En 1961 regresa ao xornalismo en Faro de Vigo, diario que dirixiu entre novembro de 1964 e xuño de 1970. Un ano antes exerceu como cronista oficial da vila de Mondoñedo. Polifacético, proseguiu a súa actividade literaria con guías turísticas e libros de gastronomía, destacando neste campo A cociña galega (1973).

Ingresou na Real Academia Galega o 21 de abril de 1963, a proposta de Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Aquilino Iglesia Alvariño e mais Ramón Otero Pedrayo. O discurso Algunhas imaxinacións sobre tesouros foi respondido por Francisco Fernández del Riego.

Acadou o Premio da Crítica española en 1959 pola tradución ao castelán d’As crónicas do sochantre e o Premio Nadal en 1968 por Un hombre que se parecía a Orestes. Como xornalista recibiu en 1966 o Premio Conde de Godó. En 1980 foille concedido o Pedrón de Ouro, do Padroado Rosalía de Castro, e foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981. Foille adicado o Día das Letras Galegas en 1991.

Obra en galego

Poesía
Mar ao norde. Santiago: Nós, 1932.
Poemas do si e non. Lugo: Edicións 1, 1933.
Cantiga nova que se chama Riveira. Santiago de Compostela: Resol, 1933. Premio Gil Vicente.
Dona do corpo delgado. Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950.
Herba aquí ou acolá. Vigo: Galaxia, 1980.

Narrativa
Merlín e familia i outras historias. Vigo: Galaxia, 1955.
As crónicas do Sochantre. Vigo: Galaxia, 195.
Si o vello Sinbad volvese ás illas. Vigo: Galaxia, 1961.
Xente de aquí e de acolá. Vigo: Galaxia, 1971.
Os outros feirantes. Vigo: Galaxia, 1979.

Teatro
O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Vigo: Galaxia, 1958.
A noite vai coma un río. Vigo: Galaxia, 1974. Antes publicado en Grial, 1965).
Rúa 26. Diálogo limiar. Santiago de Compostela: Laiovento, 1995.

Ensaio
Tesouros novos e vellos. Vigo: Galaxia, 1964.
A cociña galega. Vigo: Galaxia, 1973.
Laude da camelia. Pontevedra: Deputación Provincial, 1981.
Ollar Galicia. Barcelona: Destino, 1981.

Bibliografía
Armesto Faginas, Xosé (1987): Cunqueiro, unha biografía. Vigo: Edicións Xerais.
Besteiro, Xosé María (2021): Un hombre que se parecía a Cunqueiro. A Coruña: Ediciones del Viento.
Nicolás, Ramón (ed.) (1994): Entrevistas a Cunqueiro. Vigo: Nigra Trea.
Requeixo, Armando (2017): Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía literaria. Mondoñedo: Concello.
Rodríguez Vega, Rexina (1997): Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación. Santiago de Compostela: Laiovento.


Publicacións nas que participou Álvaro Cunqueiro

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Portada de  Autopoética e poesías 1935
LIBRO. FACSíMILE

Autopoética e poesías 1935

Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro

Materiais de Álvaro Cunqueiro

DOCUMENTO

A historia da cultura galega. Álvaro Cunqueiro

Conferencia de Álvaro Cunqueiro sobre a Historia da Cultura Galega, no Centro Galego de Lisboa - Xuventude de Galicia en 1970 En 1970 Don Álvaro foi convidado ó Centro Galego de Lisboa pola sociedade Xuventude de Galicia. Alvaro Cunqueiro ofreceu unha conferencia na que fixo un repaso completo da historia de Galicia e das orixes sœa Cultura, desde a prehistoria ata o século XVIII. Na conferencia, Cunqueiro deu mostras da súa grande erudición, falando sobre os mitos celtas, a política dos Irmandiños, a creación da fábrica de Sargadelos ou as diferentes influencias que sufriu o idioma. Entre as citas que fai, atopamos as sagas irlandesas, o Ciprianillo, documentos medievais... Onda a erudición, o humor inconfundible do mindoniense. As anécdotas máis asombrosas, coma a do conde de Altamira que pesaba 360 libras galegas e a recreación nos pequenos detalles da Historia salpimentan unha narración informal, na que moitos aspectos pouco coñecidos son postos á luz. Aquí podes escoitar fragmentos desta conferencia, conservada en audio no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega e ler o texto completo. Vinte anos despois, seguimos podendo oír a Cunqueiro.

Conferencia de Álvaro Cunqueiro A realidade histórica de Galicia

Quechemarín da Verde bandeira

Ven e verás como soña na mar

Meu amigo tiña un medo

O cabaleiro da pruma na gorra

Retorno de Ulises

Alma, coma no concerto de Vivaldi

Fragmento de A selva de Esmelle

A fantasía lírica de Álvaro Cunqueiro

Conferencia de Ricard Salvat Cunqueiro y el teatro europeo de su tiempo

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Finisterre (1943-1946) .
Revista de Galicia
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Airiños (1944-) .
Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Airiños do Carballiño (1954-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Ruada (1960-) .
Revista anual de Lar Gallego
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Abrente (1960-) .
Casa de Galicia de Valladolid
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Aturuxo (1974-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Centro Gallego de Ermua (1980-) .
Xornada das Letras Galegas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

CUNQUEIRO, Á. (6/1944) Ela. Acción Gallega. 2ª (11), 2.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1950) Dona do corpo delgado. Galicia [Bs As 1930]. (1112), 2.
Mencións: Álvaro Cunqueiro ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (9/1950) Galicia cada treinta días (mayo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (450), 27, .
Mencións: Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Carlos Martínez-Barbeito ; Vicente Risco ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (9/1952) Treinta días de vida gallega: Nuestro resurgimiento cultural Movimiento musical El mundo de los libros Actividad artística Fiestas y romerías Otras informaciones. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (2), 9 .
Mencións: Antonio Ángel ; Henry Brathome ; Álvaro Cebreiro ; Álvaro Cunqueiro ; José Fernández Martínez ; Jesús Gómez Tonel ; José María de Juan ; Carmen Juega ; Manuel López Garabal ; Rogelio Lorenzo ; Ovidio Murguía de Castro ; Otero Baena ; Ramón Otero Pedrayo ; Manuel Pesqueira Salgado ; Faustino Santalices Pérez ; José Seijo Rubio ; Rafael Usandivaras ; José Ramón Villar Chao ; Arcebispo Xelmírez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1953) 30 días de vida gallega: Glosa: Horizontes cerrados Una romería invernal Nuevas publicaciones Miscelánea informativa Panorama artístico-musical Notas económicas. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (5), 11 .
Mencións: Prisciliano ; Fermín Bouza Brey ; Manuel Chamoso Lamas ; Evaristo Correa Calderón ; Alberto da Cunha ; Álvaro Cunqueiro ; M. Delphy ; Ramón Menéndez Pidal ; Teixeira de Pascoaes ; Elena Quiroga ; José María Ramos ; Casimiro Torres ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1955) Galicia cada sesenta días (setiembre, octubre). Galicia [Bs As 1926]. (486), 9 .
Mencións: Juan Bautista Andrade ; Manuel Casás Fenández ; Antonio Couceiro Freijomil ; Álvaro Cunqueiro ; Juan Montes ; Joseph M. Piel ; Arcebispo Xelmírez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (499), 6 .
Mencións: Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Carlos Martínez-Barbeito ; Vicente Risco ;
NAYA PéREZ, J. (12/1958) Panorama coruñés. Finisterre. 1ª (10), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Rosalía de Castro ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel Murguía ; Alfonso Molina ; Ramón Otero Pedrayo ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (506), 12 .
Mencións: Ramón Baltar ; Juan Antonio Bardem ; Uxío Carré Aldao ; Martín Códax ; Álvaro Cunqueiro ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohán de Requeixo ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (509), 6 .
Mencións: Álvaro Cunqueiro ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1960) Guía de escritores lucenses. Galicia [Bs As 1926]. (512), 17 .
Mencións: Daniel Cortezón ; Álvaro Cunqueiro ; Celestino Fernández de la Vega ; Manuel María ; Ánxel Fole ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Uxío Novoneyra ; Nicomedes Pastor Díaz Corbelle ; Luís Peña ; Ramón Piñeiro ; Luz Pozo Garza ; Juan Rof Carballo ; Lois Tobío Fernández ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (525), 6 .
Mencións: José Couselo Bouzas ; Álvaro Cunqueiro ; Ramón María Valle-Inclán ; Castelao ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Celso Emilio Ferreiro ; Vicente Risco ; Sebastián Martínez-Risco y Macías ; Ramón Otero Pedrayo ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1963) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (532), 36 .
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Fermín Bouza Brey ; Manuel Castro Gil ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel María ; Ernesto Guerra da Cal ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1963) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (533), 6 .
Mencións: Álvaro Cunqueiro ; Eduardo Pondal ; Gonzalo López Abente ; Severo Ochoa ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (538), 25 .
Mencións: Gaziel ; Álvaro Cunqueiro ; Wenceslao Fernández Flórez ;
(12/1976) As letras : Pouca poesía e algunhas novelas. Teima. (3), 30.
Ver bibliografía
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Álvaro Cunqueiro ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Pere Gimferrer ; Lois Diéguez ; Paco Martin ; Alfonso Pexegueiro ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
(5/1977) Unha homenaxe a Castelao : ¿Repatria-las cinzas dende Buenos Aires?. Teima. (22), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Francisco Pillado Rivadulla ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Francisco Rodríguez ; Luis Rodriguez ; Alfonso Álvarez Gándara ; Elena Gago ; Anuncio Maroño Noia ; Andrés Martínez Santiago ; Alfonso Armada ; Lorenzo Fernández ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Álvaro Gil Varela ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Xosé Pereira ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Luís Soto Fernández ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Miro Casabella ; O Xestal ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Francisco Rodríguez ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Ramón López Suevos ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Xosé Muñiz ; Manuel Otero ; Benito Álvarez ; Ramón Viéitez ; Juan José Molina ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ;
(6/1977) Sochantre. Teima. (25), 29.
Ver nota breve
Mencións: Álvaro Cunqueiro ;
LóPEZ, S. (6/1977) [Caricatura de Álvaro Cunqueiro]. Teima. (25), 29.
Ver humor gráfico
Mencións: Álvaro Cunqueiro ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé María Álvarez Blázquez ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Xavier Costa Clavell ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xerardo Moscoso ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Ramón de Valenzuela ; Carlos Velo ; Elvira Souto ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; José Martinho Montero Santalha ; Antón Tovar ; Xaquín Marín ; Pedro Arias ; Ramón López-Suevos ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Arturo Reguera Lopez ; Francisco Rodríguez ; Jose Vilas Nogueira ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ; Jesús Docampo Mosquera ; Inmaculada Tesouro ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : A derradeira semana. Teima. (29), 25.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Ramón de Valenzuela ; Carlos Velo ; Elvira Souto ; Santiago Álvarez ; José Martinho Montero Santalha ; Antón Tovar ; Xaquín Marín ; Xosé María Pérez Parallé ; José-María Monterroso Devesa ; Ramón López-Suevos ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Jose Vilas Nogueira ; Carmen Santos Castroviejo ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Luis Soto ; Jesús Docampo Mosquera ;
(7/1977) Homenaxe a Castelao : Celso Emilio, Beiras, Piñeiro, Ferrín e Alonso na Comisión Organizadora. Teima. (30), 12.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Benito Varela Jácome ; Elvira Souto ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Xaquín Marín ; Xosé María Pérez Parallé ; Miro Casabella ; Sebastián Risco ; Francisco Pillado ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Luis Soto ;
NAVAZA, X. (7/1977) Álvaro Cunqueiro : As puñeteras manías do noso país. Teima. (30), 24-26.
Ver entrevista
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Carles Riba ; Pompeu Fabra ;
YáñEZ CASTRO, M. (7/1977) [Tres fotografías de Álvaro Cunqueiro]. Teima. (30), 24-26.
Ver gráfico
Mencións: Álvaro Cunqueiro ;
(7/1977) Escolma Teima. Teima. (31), 33.
Ver recensión
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Segundo L. Pérez López ; Andrés Torres Queiruga ; Antonio María Rouco Varela ; Juan José Cebrián Franco ; Francisco Carballo Carballo ; Norberto Alcover Ibáñez ; Bruno Fuentes ; Teolindo F. Gómez ; Julio Andión Marán ; Maricruz Carballido ; Hermelinda Dapena Tarela ;
CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
Ver recensión
Mencións: Xavier Alcalá ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Celso Emilio Ferreiro ; Ánxel Fole ; Xosé Luís Franco Grande ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohana Torres ; Marcial Valladares ; Ignacio Vázquez Diéguez ; Carlos Durán ; Xoán Ignacio Taibo ; Lois Diéguez ; Paco Martín ;