Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
epistolarios
Cartafoles de prensa >  Fernández del Riego >  publicación Vieiros

Publicación

Vieiros
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
México, D. F.
México
México, D. F.
México (1959 - 1968)

Revista cultural de orientación galeguista, esta publicación pretende recoller nas súas páxinas "calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura". Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

Equipo e colaboradores

A. Rey Romalde (colaboración), A. Souto Alabarce (armaxe), Amadeo Rodríguez (administración), Ángel Huete Rodríguez (colaboración), Antonio Yáñez Pereiro (administración), Arturo Souto (dirección artística), Benito Varela Jácome (colaboración), Carlos Casares (colaboración), Carlos Maside (ilustración), Carlos Velo (colaboración), Domingo García Sabell (colaboración), Elixio Rodríguez (redacción), Florencio Delgado Gurriarán (colaboración), Florentino López Cuevillas (colaboración), Francisco Comesaña (redacción), Francisco Fernández del Riego (colaboración), Gironella (ilustración), Inocencio Ferrer Ovide (administración), Isaac Díaz Pardo (ilustración), J. Quesada (ilustración), José Cardenas (distribución), José Caridad Mateos (colaboración), Leandro Carré Alvarellos (colaboración), Ledo (ilustración), Luís Seoane (ilustración), Luís Soto Fernández (colaboración), Luisa Viqueira (redacción), Manuel Guzmán A. (armaxe), Marcial Fernández (colaboración), Pedro de Llano (colaboración), Ramón Cabanillas (colaboración), Ramón Otero Pedrayo (colaboración), Ramón Piñeiro (colaboración), Sebastián Martínez Risco (colaboración), Valentín Paz Andrade (colaboración), Walter Fugarolas (redacción), Xermán Rañó (administración), Xesús Alonso Montero (colaboración), Xohán López Durá (redacción), Xosé Luís Méndez Ferrín (colaboración), Xosé Neira Vilas (colaboración), Xosé Núñez Búa (colaboración), Yolanda López (redacción).

DATOS TÉCNICOS DA REVISTA
Descrición física
33 x 23 cm
Periodicidade
Irregular
Información xeral
Existe unha edición fascimilar realizada en 1989 con introdución de Margarita Ledo.
Idioma
Galego
Páxinas
Variable, entre 68 e 86 páxinas
Publicidade
Non ten
Ilustracións
Publicación de coidado deseño, na que abundan as ilustracións, entre as que destacan as reproducións artísticas e debuxos reivindicativos de Castelao, Arturo Souto, Maside, Jaime Quesada, Gironella, Ledo, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane etc.
Financiamento
Inclúe un listado de persoas e institucións que colaboraron economicamente coa revista.
Editorial
Padroado da Cultura Galega de México

ARTIGOS DIXITALIZADOS

PRESENCIA DA NOSA CULTURA
Salvador Lorenzana
Vieiros; nº 1 (), pp. 48

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205