Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
epistolarios
Cartafoles de prensa >  Fernández del Riego >  publicación Irmandino, O

Publicación

Irmandino, O
Periódico galego: Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai
Cerro Largo, 990
Piedras, 411
Montevideo
Uruguai (1934 - 1936)

Publicación política de orientación nacionalista editada pola Irmandade Galeguista do Uruguai, para divulgar e defender os seus postulados políticos. Reproduce artigos dos principais líderes do Partido Galeguista e doutros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal ou Pardo de Cela, defensa da escola galega, reprodución de colaboracións literarias etc.). Na columna satírica "Fuchicadas" denuncia a situación política española. Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas etc.

Equipo e colaboradores

Alexandre Bóveda (colaboración), Alfonso R. Castelao (colaboración), Francisco Fernández del Riego (colaboración), Johán Carballeira (colaboración).

DATOS TÉCNICOS DA REVISTA
Descrición física
40 x 29,5 cm.
Periodicidade
Irregular
Información xeral
A maior parte dos artigos están sen asinar, só aparecen os nomes de personalidades galegas destacadas
Época
1ª época
Idioma
Galego
Páxinas
4 páxinas
Publicidade
Moi escasa. Destaca o anuncio do Café Tupinamba, pero tamén aparecen outros establecementos comerciais, produtos de consumo, festivais etc.
Ilustracións
Moi escasas. Aparece algún retrato como o de Pondal, a quen está dedicado o número 3.
Editorial
Irmandade Galeguista do Uruguai

ARTIGOS DIXITALIZADOS

NOTAS NACIONALISTAS:OLLADA ESQUEMÁTICA SOBOR A GALICIA NOVA
Francisco F. del Riego
Irmandino, O; nº 5 (), pp. 4

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205