Publicación anual ilustrada, promovida e editada en Vigo desde 1983 por Feministas Independentes Galegas (FIGA). O seu obxectivo é promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, así como potenciar e visibilizar a creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais.
A partir do número 14, a palabra “silenciada” que aparece na cabeceira minimízase xa que as editoras consideran que se viron cumpridas parte das súas reivindicacións e a partir dese número inclúen a participación de homes na revista.
Co número 2 fíxase o deseño de maqueta característico da revista e a súa estructura estandarízase a partir do número 3 e inclúe as seguintes seccións: tema monográfico, miscelánea de artigos, crítica literaria e creación.
As coordinadoras do número 0 foron Isabel Mouriz e María Xosé Queizán. Esta última será a única coordinadora desde o número 2 ata o 13 e a súa directora a partir do número 14. Margarita Ledo Andión é a deseñadora da revista que, a partir do número 2, presenta o seu formato característico con portada en cor e impresión en branco e negro.
().
Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205