PRESIDENCIA

----

Xosé Filgueira Valverde

Presidencia do Consello da Cultura Galega dende 1990 ata 1996 Anteriores: Alfonso Zulueta. 2006-2002 / Carlos Casares. 2002-1996 / Xosé Filgueira Valverde. 1996-1990 / Ramón Piñeiro. 1990-1983 /

Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma vila en 1996.
Doutor en Lingua e Literatura Galego-portuguesa, Licenciado en Dereito. Narrador, Poeta Lírico, Polígrafo, Catedrático, Director Emérito do Museo de Pontevedra, Director da Casa Museo "Rosalía de Castro", Fundador do "Seminario de Estudos Galegos". Académico de Número da Galega e da Historia, de Honor da Galega de Belas Artes. Dirixiu a catalogación da "Fundación Barrié" e a "Galicia Histórica".

Coñecido como o “vello profesor”, tivo a difícil tarefa de traballar pola consolidación do Consello da Cultura Galega como institución independente dos poderes políticos. Desprazouse a Santiago para estudar Dereito, carreira da que se licenciou cun Premio Extraordinario. Nesta mesma universidade e na de Zaragoza cursou a licenciatura de Filosofía e Letras (sección Historia), da que se doutorou tamén con honores.

Diplomado en Psicoloxía, Filgueira Valverde fundou en 1923, xunto con Luís Tobío e Bouza Brey, o Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia de Literatura para logo ser nomeado director de honra desta institución. Como docente, faceta da súa vida pola que acabaría sendo coñecido polo alcume do “vello profesor”, Filgueira Valverde comezou exercendo como axudante no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, en 1927, pouco despois de licenciarse en Dereito. Seis anos máis tarde converteríase en profesor encargado do curso de Lingua e Literatura.

En 1935 é nomeado catedrático numerario do Instituto Balmes de Barcelona e pasou a exercer nese mesmo ano a Lugo e, cinco anos despois, a Pontevedra. Desde 1946 e durante trinta anos, ata a súa xubilación, Filgueira Valverde dirixiu o Instituto de Pontevedra. En 1942 é nomeado membro numerario da Real Academia Galega e vogal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago no ano 1972.

Traballador incansable



Defensor nas Cortes do bilingüismo na ensinanza mentres ocupou o cargo de conselleiro de Cultura (1982-1983). Filgueira foi tamén alcalde de Pontevedra, cargo desde o que impulsou a creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927. Do seu amplo currículo pódese destacar, ademais, o título de correspondente da Real Academia da Historia (1932), da Real Academia da Lingua (1953) e das de Belas Artes de San Fernando, A Coruña, Córdoba, Sevilla e Málaga.

Entre os galardóns cos que foi distinguido, o profesor Filgueira recibiu o Premio da Crítica das Letras e das Artes, a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade do Lérez e doutor honoris causa por distintas universidades españolas.

Ao seu labor maxistral en todos os cargos que desempeñou hai que engadirlle a súa inxente produción literaria e científica, na que traballou ata pouco antes da súa morte.

Xosé Filgueira Valverdenas actividades do Consello da Cultura Galega