PRESIDENCIA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

----

( - )

É doutor en Historial Medieval pola Universidad Complutense de Madrid (UCM, 1984). Exerceu a docencia universitaria na cátedra de Paleografía e Diplomática da UCM. En 1988 ingresou por oposición no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde exerceu como científico na Institución "Milá e Fontanals" de Barcelona e no Instituto de Historia (Madrid). En 1994 incorporouse ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro que dirixe desde 1994. Entre 2012 e 2019 foi coordinador institucional do CSIC en Galicia.

Foi investigador principal dunha vintena de proxectos competitivos e de contratos de investigación centrados no ámbito da historia da Idade Media, particularmente entre os séculos XIII e XV, prestando unha atención específica á historia social do poder (historia política e social dos grupos de poder en Galicia). Cultiva, así mesmo, os estudos de xenealoxía e heráldica medievais. É autor de case douscentos artigos e de máis dunha ducia de libros. Entre as súas obras máis coñecidas destaca o Manual de heráldica española e, en relación con Galicia, Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos, entre moitas outras.

Director da revista Cuadernos de Estudos Gallegos. Vicepresidente do Comité Español de Ciencias Históricas e da Confederación Iberoamericana de Genealogía y Heráldica. É membro de diversas comisións asesoras da Administración autonómica galega. É membro de honra ou correspondente en España de máis dunha vintena de institutos e corporacións académicas europeas e americanas. Máster de Ouro do Forum de Alta Dirección (1997). Premio internacional "Dalmiro de la Válgoma" (1997), Gran Oficial da Orde ao Mérito Melitense (2000), Comendador da Real Orde de Isabel a Católica (2004) e "Galego do Ano" do Grupo Correo Gallego (2012).