Este libro é o estudo crítico que vai nunha carpeta acompañado pola edición facsimilar do título orixinal.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicadas este ano a Lois Pereiro, o Consello da Cultura Galega rescata as páxinas de Loia, revista galega alternativa da que se editaron catro números entre 1975 e 1978. Entre as súas páxinas atopábanse as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro.
Preséntase así esta edición facsimilar de Loia, acompañada de textos que contextualizan a
revista e reviven unha parte daqueles soños primeiros dos que estaban chamados a contribuír a darlles novos azos á cultura e á literatura galegas.
Con esta publicación o Consello da Cultura Galega pretende contribuír ao rescate da dimensión contemporánea e radical de Lois Pereiro, un autor individualista e escéptico, comprometido e distante, silandeiro e falador á súa maneira, finalmente convertido en autor de culto que este ano, por decisión da RAG, pasará a ser autor medianamente popular.
Título Loia
Estudo crítico
Coordinación Xosé Manuel Pereiro
Autoría Helena González Fernández
Antón Patiño Pérez
Xosé Manuel Pereiro
Manuel Rivas
Limiar Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física [ 4 v. : il. ; 30 cm. + ] 1 libro
Notas Imprimíronse cincocentos exemplares numerados. O 365 na Biblioteca do CCG
CCG. Signatura CCG 2011 413
Url externa pdf en liña
Materias
Código QR