Esta é a edición facsimilar do título orixinal, en catro volumes grampados, que van nunha carpeta acompañado por un libro, o estudo crítico.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicadas este ano a Lois Pereiro, o Consello da Cultura Galega rescata as páxinas de Loia, revista galega alternativa da que se editaron catro números entre 1975 e 1978. Entre as súas páxinas atopábanse as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro.
Preséntase así esta edición facsimilar de Loia, acompañada de textos que contextualizan a
revista e reviven unha parte daqueles soños primeiros dos que estaban chamados a contribuír a darlles novos azos á cultura e á literatura galegas.
Con esta publicación o Consello da Cultura Galega pretende contribuír ao rescate da dimensión contemporánea e radical de Lois Pereiro, un autor individualista e escéptico, comprometido e distante, silandeiro e falador á súa maneira, finalmente convertido en autor de culto que este ano, por decisión da RAG, pasará a ser autor medianamente popular.
Título Loia
Edición facsimilar
Coordinación Xosé Manuel Pereiro
Autoría Lois Pereiro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 4 v. : il. ; 30 cm. [ + 1 libro. ]
Notas Imprimíronse cincocentos exemplares numerados. O 365 na Biblioteca do CCG
ISBN 978-84-92923-21-2
Depósito Legal C 918-2011
CCG. Signatura CCG 2011 413
Url externa pdf en liña
Materias
Código QR