Froito de diversos convenios de colaboración asinados entre o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do seu departamento de Relacións Laborais son hoxe públicas investigacións que axudan a construír unha imaxe fiel das condicións laborais dos traballadores dos medios de comunicación de Galicia e das súas actitudes profesionais. Estas achegas permitiron estudar o funcionamento interno das redaccións dende perspectivas e ámbitos diferentes. A partir dun estudo inicial que permitiu elaborar un primeiro censo dos xornalistas que exercían o seu labor en Galicia e que ofreceu unha perspectiva global, dúas investigacións sucesivas botaron luz sobre colectivos profesionais cuxa situación laboral era case descoñecida ou non fora estudada en absoluto. Por un lado analizouse a situación laboral dos xornalistas dos medios electrónicos e, por outro, elaborouse o presente traballo sobre a situación profesional dos documentalistas.
Titulo situación profesional dos documentalistas nos medios de comunicación de Galicia, A
Coordinación Xosé López García
María Antonia Pérez Rodríguez
Miguel Túñez López
Colaboración Rosa Aneiros
Pedro Carrasco Solla
Marcos S. Pérez Pena
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo de Comunicación, 2007
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Arquivo de Comunicación
Descrición física 1 CD
ISBN. Ed. cd-rom 978-84-96530-25-6
Depósito Legal. Ed. cd-rom C 388-2007
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/a_situacion_profesional
Colección Informes
Materias
Código QR