O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidade Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical. O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os
alumnos de grao elemental da maioría das especialidades instrumentais se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo.
Anteriormente o Consello da Cultura Galega publicou dous métodos de iniciación á técnica e interpretación pianística: Arco da Vella (1999) e Raiola (2006). Ambas as dúas obras pedagóxico-musicais tamén foron realizadas polo autor do presente libro no seu afán de que a música folclórica ocupe un lugar de honra dentro do ámbito académico.
Titulo Paseniño
Subtítulo Trompeta
Autoría Antonio Cerviño
Limiar Antonio Cerviño
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 78 p. : il. ; 30 cm.
ISBN 978-84-92923-16-8
Depósito Legal C 780-2011
CCG. Signatura CCG 2011 401
Url externa pdf en liña
Colección Autores & textos
Materias
Código QR