O Consello da Cultura Galega promoveu desde finais de 2009 un proceso de debate e mesmo de remuíño de ideas arredor da situación actual da cultura galega, dos problemas que os seus actores identifican como tales e das propostas de futuro que se poden albiscar. Albergamos toda esta actividade baixo o nome de Reflexión estratéxica, unha publicación composta, case a partes iguais, por unha análise cualitativa do sector e por unha participación, especializada pero máis aberta, na que varias ducias de actores e membros do sector cultural achegaron a súa visión e a súa experiencia para fixar unha diagnose da situación e propoñer vías de acción no porvir inmediato.

Título Reflexión estratéxica sobre a cultura galega
Coordinación Xosé López García
Limiar Ramón Villares
Presentación Xosé López García
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 142 p. : il. cor e n. ; 28 cm.
Notas Contén 5 áreas con cadanseu responsable: Políticas culturais / Ramón Máiz -- Institucións da cultura / Rosario Álvarez -- Cultura e mercado / Francisco Campos -- Contidos da cultura / Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo -- Proxección exterior / Xulio Ríos
ISBN 978-84-92923-23-6
Depósito Legal C 1452-2011
CCG. Signatura CCG 2011 415
Url externa pdf en liña
Url externa vídeo en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:18
Evento Presentación.
Informe «Reflexión estratéxica sobre a cultura galega».
9/6/2011. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Código QR