Elaborado pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega agrupa os traballos dunha vintena de expertos e estudiosos que explican os cambios acontecidos no hipersector durante o último bienio.
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega presenta esta nova entrega dos seus informes sobre a situación da comunicación en Galicia. Esta contribución supón un banzo máis na arela da Sección de fornecer ferramentas para unha mellor comprensión do hipersector en Galicia. Para isto, convidouse a expertos das distintas disciplinas a ofrecer a súa mirada rigorosa e exhaustiva. A presente radiografía permite explicar as razóns dos cambios acontecidos no último bienio e como as transformacións empresariais e políticas afectan aos produtos informativos.
Os últimos dous anos foron convulsos para os medios de comunicación en España e, por suposto, para Galicia. Tal e como sinalan os expertos deste volume, a forte irrupción da prensa gratuíta en Galicia, a implantación da televisión dixital terrestre, a polémica das concesións dixitais no escenario autonómico, a reivindicación dun lugar propio para a prensa local, a consolidación da internet como soporte de acceso á información ou os cambios producidos nos cargos da radio e televisión de titularidade pública ocasionados polos relevos electorais repercuten inevitablemente na oferta informativa e de entretemento dos cidadáns galegos. Dende o punto de vista lingüístico os cambios non foron tantos nin, desgraciadamente, tan relevantes. Á espera do que aconteza coas novas concesións dixitais, o crecemento desmesurado da oferta radiofónica e televisiva por un lado e as reticencias manifestas da prensa tradicional a abrir espazos ao noso idioma polo outro provocan que o galego vaia ficando atrás no inmenso abano mediático ao que cada cidadán pode acceder na actualidade. A oferta mediática aumenta, pero a lingua non camiña ao seu mesmo ritmo.

Titulo | comunicación en Galicia 2007, A |
Coordinación |
Xosé López García |
Autoría |
Francisco Campos Freire Alberto Dafonte Domingo Docampo Xaime Fandiño Miguel Anxo Fernández Manuel Gago Emilio Carlos García Fernández Xosé López García Alberto Pena Xosé Pereira Xosé Ramón Pousa Antonio Sanjuán Emma Torres Romay Miguel Túñez López Xosé Videla Rodríguez |
Presentación |
Xosé López García |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, 2007 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 186 p. : gráf. ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-96530-33-1 |
Depósito Legal | C 2368-2007 |
CCG. Signatura | CCG 2007 309 |
Colección | documentos & informes; Núm:4 |
Materias | |
Código QR |