De xornalismo vai este libro, con algúns dos primeiros alentos de Álvaro Cunqueiro como articulista, hoxe diriamos columnista, no xornal Era Azul e noutros soportes impresos que viron a luz no tempo en que o autor moraba na terra de Ortigueira. O home que partira de posicións galeguistas nos albores da década de 1930 amósase aquí coa súa pluma ao servizo do ideario da Falange e dos vencedores da Guerra Civil. O furacán da historia levouno a el e a outros a dar voltas por camiños logo desandados na procura de pasos e palabras para proxectar doutro xeito a Galicia sufridora e deliberadamente invisibilizada baixo a longa noite de pedra.

Dunha fase desa peripecia cunqueiriana dá conta este libro, precedido dun moi completo estudo introdutorio de Claudio Rodríguez Fer, que contextualiza a obra ortegana do autor mindoniense.
Titulo Álvaro Cunqueiro en Ortigueira
Autoría Álvaro Cunqueiro
Introdución Claudio Rodríguez Fer
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 54 p. ; 21 cm.
Notas Texto en castelán; introdución en galego.
Depósito Legal. Ed. papel C 1934-2011
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2011 407
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11203023
Materias
Código QR