Os encontros Cultura e Concellos consideraron e avaliaron os novos desafíos que os cambios social e cultural presentaban ás políticas culturais municipais. Traballaron asemade a prol da redefinición do espazo local no marco global e, naturalmente, no virtual. Esas realidades culturais, acrecentadas significativamente no marco do sistema de autonomía e autogoberno de Galicia, cambiantes no fondo e nas formas e cada vez máis diversificadas na dialéctica local-global, seguen merecendo particular atención.

Ese novo escenario demanda tamén novos instrumentos de sistematización informativa, fornecemento de datos e acceso documental para encher ese baleiro. Partindo desa necesidade editouse este informe, que continúa unha liña de investigación iniciada co estudo As políticas culturais nas sete principais cidades galegas, ao que se sumou despois o informe Situación e perspectivas sociolaborais dos técnicos de cultura dos concellos galegos. Trátase de propiciar o desenvolvemento de políticas culturais sobre unha evidencia empírica, de afondar na reflexión sobre a política cultural e de comprender mellor o papel que teñen as industrias culturais en relación ao crecemento económico e á calidade de vida. A esa reflexión ha contribuír este informe que agora presentamos, logo dunha detallada recolleita de datos en 273 dos 315 concellos galegos.
Título situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes, A
II Mapa cultural de Galicia
Autoría Xesús A. Lage
Xosé Elías Trabada Crende
Mercedes Fernández Gestido
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 156 p. : gráf. ; 28 cm.
ISBN 978-84-92923-19-9
Depósito Legal C 1809-2011
CCG. Signatura CCG 2011 410
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes
Materias
Código QR