Á vista dos estudos encargados, das conclusións derivadas das xornadas e dos debates internos da Comisión nomeada ao efecto, o Pleno do Consello da Cultura Galega, na sesión realizada o día 26 de xullo de 2011, acordou elevar á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia o presente informe. Nel, ademais de facer unha reflexión xeral sobre o estado da situación e sobre os principais problemas que presenta neste momento o sector fundacional en Galicia, formúlase un conxunto de recomendacións que, en opinión do Consello da Cultura Galega, de seren adoptadas, poden servir para mellorar a actual regulación das fundacións de interese galego, en particular das culturais, e, xa que logo, a súa organización, funcionamento e actuación.
Título | Informe sobre a regulación e a organización e funcionamento das Fundacións Culturais de Interese Galego |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 66 p. ; 29 cm. |
CCG. Signatura | CCG INT fun |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |