Nun traballo coordinado por Xosé López, Rosa Aneiros e María Antonia Pérez Rodríguez, este volume recupera e analiza os artigos de Lorenzo Varela en sete relevantes revistas literarias de México e Arxentina e axuda a trazar a personalidade dun autor ata agora relativamente esquecido entre nós.
Este libro dá testemuño do esforzo dos exiliados galegos e, nomeadamente, das tarefas de Lorenzo Varela, a quen Galicia honra no Día das Letras Galegas 2005. A obra reflicte o seu alento, a súa capacidade para sobrepoñerse ás dificultades, a súa valía intelectual, manifestada a través dos textos sobre arte, literatura ou cine, e o seu compromiso político. O Consello da Cultura Galega súmase con esta publicación á conmemoración das Letras Galegas e ao recoñecemento e á homenaxe que, desde a persoa e a obra de Lorenzo Varela, supón a obra de exiliados e emigrantes.
Título Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires
Taller, Romance, Letras de México, de Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Sur
Autoría Lorenzo Varela
Coordinación Xosé López García
Rosa Aneiros
Compilación María Antonia Pérez Rodríguez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, 2005
Edición 1ª edición
Descrición física 558 p. : il. br. e n. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-03-8
Depósito Legal C 1077-2005
CCG. Signatura CCG 2005 279
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR