Como sabemos, os incendios forestais constitúen un problema recorrente en Galicia, con múltiples e graves consecuencias ambientais, sociais e económicas. Nos últimos anos puidemos comprobar a intensidade que pode alcanzar este problema, con perdas de vidas humanas e serios impactos sobre o noso medio, que lles afectan á biodiversidade, ao proceso de erosión do chan ou á emisión de compostos que empeoran a composición e mais o funcionamento da atmosfera. Por suposto, a estes efectos hai que engadirlles as importantes perdas económicas, directas e indirectas, que se ven, ademais, acrecentadas pola gran cantidade de recursos que se destinan a medidas de prevención, extinción e restauración.
Este libro, froito dunha iniciativa conxunta do Consello da Cultura Galega e a Fundación Caixa Galicia, inscríbese nesta liña de traballo e recolle o resultado dunha serie de debates entre expertos que se organizaron despois do verán de 2006, no que a gravidade do problema dos incendios en Galicia se mostrou con toda a súa crueza. O fío condutor dos temas que se abordaron nas diferentes mesas foi a necesidade de definir e consolidar unha nova cultura forestal na nosa sociedade como elemento indispensable de calquera estratexia para lle facer fronte ao problema dos incendios.
Titulo Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios
Subtítulo Informes e conclusións
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xesús Balboa
Xosé Luís Barreiro Rivas
Limiar Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Presentación José Luis Méndez López
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2007
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 254 p. : il., gráf. ; 28 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-42-3
Depósito Legal. Ed. papel C 3964-2007
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2007 318
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10126626
Colección documentos & informes; Núm:5
Materias
Código QR