Eduardo Blanco Amor coordinou o Recital Antolóxico da Poesía Galega dos séculos XII ao XX, que se celebrou en Bos Aires o 24 de xullo de 1956, nos locais do Centro Galego. Contou coa colaboración da Asociación Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas. Este documento sonoro excepcional foi o primeiro recital antolóxico da poesía galega. Contou coas voces de Fernando Iglesias "Tacholas", Pilar Lebrón, Lita Soriano, Anita Fontao e Lito López.
Título | Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX Centro Galego de Bos Aires, 24 de xullo de 1959 |
Dirección |
Eduardo Blanco Amor |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 1998 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 2 casetes + 1 foll. |
Notas | Estoxo con 2 casetes + transcrición |
ISBN | 84-87172-31-8 |
Depósito Legal | OUR 4-1998 |
CCG. Signatura | CCG 1998 144 |
Url externa | vídeo en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | As nosas voces; Núm:15 |
Materias |