Esta entrega da colección As Nosas Voces que editou o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega permite escoitar unha conferencia pronunciada por Don Ramón Otero Pedrayo na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, o 26 de xullo de 1959. Nesta conferencia, o intelectual ourensán reflexiona sobre as relacións entre Galicia e a cultura europea, e é unha boa mostra do pensamento de amplas miras de Pedrayo.
Título Galicia e Europa
Ramón Otero Pedrayo
Autoría Ramón Otero Pedrayo
Limiar Afonso Vázquez-Monxardín
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2007
Edición 1ª edición
Descrición física 1 disco (CD-DA) (8 temas : 60,17 min.) ; 12 cm. + 1 libro.
Notas Contén : Pista 1 / José Luis Romero. -- Pista 2 ; Pista 3 ; Pista 4 ; Pista 5 ; Pista 6 ; Pista 7 ; Pista 8 / Ramón Otero Pedrayo
ISBN 978-84-96530-50-8
Depósito Legal VG 1385-2007
CCG. Signatura ASG-CD-L-0143
Url externa vídeo en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección As nosas voces; Núm:21
Materias
Áreas