Na vontade de debullar criticamente a pluralidade das significacións da cultura no noso tempo, desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas, desenvolveuse no Consello da Cultura Galega o abano de seminarios O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). O libro recolle a maioría dos textos presentados e discutidos devagar nas diferentes sesións realizadas nos últimos catro anos. Agavelalos nun volume conxunto permite non só recuperar a plural riqueza das diferentes achegas, tamén decatármonos dos sutís fíos argumentais que se entrecruzan e retoman en perspectivas moi diversas. Mesmo serve, por riba, para facilitar ao público materiais que estimamos de interese para a reflexión persoal sobre tan capital dimensión, por constitutiva, das nosas vidas como seres en quimérica procura de sentido, nun mundo que nos sitúa unha e outra vez «fóra de lugar». O volume que presentamos, de setecentas páxinas, recolle un total de 28 intervencións de figuras do pensamento contemporáneo.
-
-
Presentación
Ramón Villares
-
Limiar
Ramón Máiz Suárez
-
O concepto de cultura na antropoloxía contemporánea
José Antonio Fernández de Rota
10.17075/sc.2012.001 -
Os estudos culturais : a escola de Birmingham
Blanca Muñoz
10.17075/sc.2012.002 -
A cultura, da Galaxia Gutenberg á Galaxia Internet
Darío Villanueva
10.17075/sc.2012.003 -
A interdisciplinariedade á luz da historia da ciencia : algúns exemplos tomados da física, a matemática, a medicina e as ciencias da terra
José Manuel Sánchez Ron
10.17075/sc.2012.004 -
Recordar e esquecer
José Luís Villacañas
10.17075/sc.2012.005 -
Que é a ilustración?
Josep Ramoneda
10.17075/sc.2012.006 -
A tolerancia como categoría ideolóxica
Slavoj Zizek
10.17075/sc.2012.007 -
A obra de arte na era da perogrullada incesante (a reprendre depuis le debut)
Fernando Castro
10.17075/sc.2012.008 -
Sentir doutra maneira : unha lección nietzscheana sobre a arte e a cultura
Alberto Ruíz de Samaniego
10.17075/sc.2012.009 -
A cultura e o novo mundo novo
Isabel Pires
10.17075/sc.2012.010 -
Imaxe, palabra, saber : o educador contra o comunicador
Rafael Argullol
10.17075/sc.2012.011 -
Identidades culturais e integración política : un mapa conceptual
Rafael del Águila
10.17075/sc.2012.012 -
Tres nocións de pluralismo no espazo público
Carlos Thiebaut
10.17075/sc.2012.013 -
Cultura, política e diversidade
Fernando Vallespín
10.17075/sc.2012.014 -
Multiculturalismo sen cultura
Anne Phillips
10.17075/sc.2012.015 -
Cidadanía global e dereito á diferenza : verbo de identidades, feminismo, globalización e multiculturalidade
Amelia Valcárcel
10.17075/sc.2012.016 -
A articulación e os límites da metáfora
Ernesto Laclau
10.17075/sc.2012.017 -
Sobre política : discurso, xuízo, recoñecemento e don
Alessandro Ferrara
10.17075/sc.2012.018 -
Política democrática e pluralismo agonista
Chantal Mouffe
10.17075/sc.2012.019 -
A nación moderna : entidade política e comunidade cultural : consecuencias e problemas actuais
Anne Marie Thiesse
10.17075/sc.2012.020 -
Que son os etnonacionalismos e os conflitos étnicos hoxe en América Latina?
Natividad Gutiérrez Chong
10.17075/sc.2012.021 -
Tese sobre diversidade, identidade e globalización
Héctor Díaz Polanco
10.17075/sc.2012.022 -
Os movementos sociais e a sociedade civil : de como os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais
Donatella della Porta
10.17075/sc.2012.023 -
A representación política ideal dxs cidadá
Monica Threlfall
10.17075/sc.2012.024 -
Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial : as rexións vermellas en Italia
Mario Caciagli
10.17075/sc.2012.025 -
A cidadanía e o desafío ecolóxico
Andrew Dobson
10.17075/sc.2012.026 -
O neohumanismo da non cidade
Félix Duque
10.17075/sc.2012.027 -
Cidade e espazo posmodernos
Michel Maffesoli
10.17075/sc.2012.028 -
Curricula
-
Presentación