Dúas décadas despois da desfeita cultural e política provocada pola Guerra Civil, as primeiras asociacións culturais fundadas nas cidades e nas vilas de Galicia foron capaces de dar pasos pioneiros e determinantes para a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego, anunciando o que habería de ser o programa cultural desenvolto polo sistema autonómico constituído a partir da transición democrática.
Esta mostra detalla o máis significativo do quefacer cultural de moitas desas cidades e vilas galegas, que deron os primeiros pasos para unha necesaria regaleguización, organizando cursos de lingua galega, ciclos sobre a historia de Galicia ou conferencias e coloquios dedicados a reflexionar, argumentar e debater sobre o teatro, o espallamento da obra literaria, o achegamento ao cinema e á música… Iniciativas e actividades que crearon novas redes de comunicación e abriron, así mesmo, relacións e espazos aos contidos culturais nos
medios de comunicación, a saber, na prensa impresa e na radiodifusión, pois daquela a televisión aínda ficaba lonxe. Esta exposición trata pois de recoñecer e difundir o traballo das xentes e dos colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, poñendo en valor aquel legado e incorporando eses activos a este tempo noso.

Titulo | canto e unha luz na noite, Un Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) |
Coordinación |
Ricardo Gurriarán |
Autoría |
Xesús Alonso Montero Manuel Caamaño Suárez Antón Costa Rico Xosé María García Palmeiro Eduardo Gutiérrez Henrique Harguindey Banet Manuel Lourenzo José Martinho Montero Santalha Camilo Nogueira Luís Á. Pousa Manuel F. Rodríguez Agustín Rodríguez Caamaño Euloxio Ruibal Antón Santamarina Fernández Miguel Anxo Seixas Xosé Carlos Sierra Rodríguez Elías Torres Afonso Vázquez-Monxardín María Dolores Villanueva Gesteira |
Introdución |
Ricardo Gurriarán |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 172 p. : il. , cor ; 25 cm. |
ISBN | 978-84-92923-33-5 |
Depósito Legal | C 654-2012 |
CCG. Signatura | CCG 2012 419 |
Materias | |
Código QR |