Nesta obra recóllese unha antoloxía dos textos escritos en galego ao longo de toda a vida de Suárez Picallo. Trátase, maioritariamente, de artigos xornalísticos. Suárez Picallo viviu un tempo felizmente convulso e, ademais, escolleu participar da historia. Mais fíxoo como home de acción, como axitador obreiro, como orador en mitins e parlamentos. Non foi, nin o pretendeu, un ideólogo do galeguismo como Castelao ou Risco. Pero nunca un político espertou tanta paixón entre as clases populares, ás que el mesmo pertencía. A súa verdadeira obra perdeuse no aire. As arengas pronunciadas ante auditorios co ceo por teiro.

Como todo home de acción, Suárez Picallo escolleu como medio de comunicación alternativo o xornalismo. Na prensa da época verteu as súas inquedanzas cotiás e as súas reflexións. As liñas de xornais e revistas como El Despertar Gallego, Céltiga, El Pueblo Gallego, Lugo, etc. gardan o seu legado e son a expresión escrita da súa vontade combativa.

Seguindo a vella idea de Valentín Fernández, proposta no seu día á Real Academia Galega, presentamos nesta obra unha selección de textos de Ramón Suárez Picallo en galego. Aproveitamos, xa que logo, algunhas das transcricións de Valentín Fernándes destes documentos depositados no fondo Ramón Suárez Picallo da Real Academia Galega.
Título Ramón Suárez Picallo. Escolma de textos en galego
Autoría Ramón Suárez Picallo
Introdución Manuel Pérez Lorenzo
Presentación Abel López Soto
Ramón Villares
Transcrición Emilia García López
Manuel Pérez Lorenzo
Francisco A. Pita Fernández
Prudencio Viveiro
Publicación Santiago de Compostela; Sada: Consello da Cultura Galega; Concello de Sada, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 175 p. : il. ; 22 cm.
ISBN 978-84-96530-76-8
Depósito Legal C 3711-2008
CCG. Signatura AG SPR esc
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR