O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable. Isto foi así tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós.
Titulo Ánxel Casal, un editor para un país
Subtítulo Catálogos de Lar e Nós
Coordinación Alfonso Mato
Autoría Mercedes Bangueses
Alfonso Mato
Lourdes Pérez González
Ernesto Vázquez Souza
Introdución Isaac Díaz Pardo
Limiar Alfonso Mato
Obxecto de estudo Ánxel Casal
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Seminario de Estudos Galegos, 2007
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega; Seminario de Estudos Galegos
Descrición física 316 p.: il. ; 25 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-47-8
Depósito Legal. Ed. papel C 4413-2007
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/anxel_casal
Materias
Código QR