O Arquivo da Emigración Galega celebrou do 11 ao 14 de xullo de 2006 o Congreso Internacional Galicia: Éxodos e Retornos. O encontro conmemorou o cincuenta aniversario do I Congreso da Emigración Galega, unha cita histórica que reuniu en 1956 en Bos Aires representacións de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como destacados intelectuais. Entre os actos de celebración, o Arquivo da Emigración publicou a edición facsimilar que presentamos aquí das actas dese Primeiro Congreso da Emigración Galega.
O interese da reedición destas actas é que non se limitan soamente a reproducir os relatorios e as conclusións do Congreso senón que, de acordo co seu propio título "Primeiro Congreso da Emigración Galega. Documentación. Crónicas", constitúen unha valiosa fonte sobre os preparativos e o desenvolvemento do Congreso. Na parte inicial, denominada documental, inclúense: Iniciativa do Consello de Galiza para a organización do Congreso, nomeamento da Comisión Organizadora, Manifesto-Convocatoria, Temario e Regulamento do Congreso, Relacións de institucións e personalidades asistentes, etc. Na parte central recóllense os relatorios presentados ás diferentes comisións do Congreso, os informes-dictames e as conclusións. E, por último, faise unha crónica dos actos de carácter cultural realizados paralelamente ao desenvolvemento do Congreso.
Titulo Primeiro Congreso da Emigración Galega: feito dende o 24 ao 31 de xulio en Bos Aires
1856 Banquete de Conxo 1956
Introdución Marcelino Fernández Santiago
Textos Emilia García López
Prudencio Viveiro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega, 2006
Edición 1ª edición
Descrición física XIII, 228, [18] p. : lám. de fot. ; 29 cm.
Notas Reprod. facs. da ed.: 1856 - Banquete de Conxo - 1956 : Primeiro Congreso da Emigración Galega : feito desde o 24 ao 31 de xulio de 1956 en Buenos Aires. Buenos Aires : Nós, 1956.
ISBN 84-96530-18-3
Depósito Legal c 1778-2006
CCG. Signatura CCG 2006 289
Materias
Áreas
Código QR