O contramestre de porto Benigno Rodríguez percorreu entre 1907 e 1910 a costa cantábrica comisionado polo entón Ministerio da Mariña. Froito desta viaxe naceu a obra "Los pescadores del Norte y Noroeste de España", unha investigación etnográfica e sociolóxica de excepcional importancia que analiza dun xeito moi preciso a vida dos pescadores cantábricos, afondando nas súas particularidades, penetrando no seu mundo e amosando os apuntamentos singulares das súas familias, dos seus costumes, crenzas e hábitos.

O Consello da Cultura Galega aborda a edición en facsímile do traballo de Benigno Rodríguez Santamaría Los pescadores del Norte y Noroeste de España, pertencente ao Museo Massó.
Estamos diante dunha análise moi precisa da vida dos pescadores galegos, afondando nas súas particularidades, penetrando no seu mundo, amosando os apuntamentos singulares das familias cos seus costumes, crenzas e hábitos, así como as actitudes en relación coa pesca e coas súas artes. É, sen dúbida, unha investigación etnográfica e sociolóxica de excepcional importancia, que recupera o coñecemento dunha parcela relevante da nosa historia, na que o mar sempre foi axente determinante; é, asemade, un luminoso estudo que nos presenta unha visión panorámica da existencia vital dos pescadores.


Título pescadores del norte y noroeste de España, Los
Su vida social y particular por provincias
Autoría Benigno Rodríguez Santamaría
Introdución Francisco Calo Lourido
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2005
Edición 1ª edición
Descrición física XLII, 328 p. : il. ; 21 cm.
Notas Reprod. facs da ed.: Madrid: Imprenta Alemana, 1916.

O orixinal deste facsímile está depositado no Museo Massó, pertencente á rede de museos da Xunta de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
ISBN 84-95415-98-4
Depósito Legal C 410-2005
CCG. Signatura CCG 2005 281
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR