Esta obra data de 1900 e contén a tradución ao castelán da obra de P. Regnaud. O seu valor engadido para a cultura galega é que, baixo o título "Ciencia del Lenguaje" e ao pé da páxina, Amor Ruibal vai introducindo un estudo paralelo á tradución que chega a ocupar máis páxinas que a propia tradución. Nese estudo quedan perfiladas, segundo os expertos, as directrices xerais das observacións filolóxicas e paulatinamente lingüísticas do autor, pioneiro en España no enfoque cognitivo da linguaxe.

O Consello da Cultura Galega, por iniciativa da Sección de Filosofía e Pensamento, decidiu publicar a edición facsimilar de dúas obras, singularmente importantes, de Amor Ruibal, que agora presentamos: Principios Generales de Lingüística Indo-Europea e os dous tomos de Los problemas fundamentales de la Filología Comparada, rescatándoas dun inxusto esquecemento por seren esenciais tanto na filosofía coma na lingüística.
Titulo Principios Generales de Lingüística indo-europea
Autoría Paul Regnaud
Versión española Ángel Amor Ruibal
Estudo introdutorio Ángel Amor Ruibal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Filosofía e Pensamento, 2005
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Filosofía e Pensamento
Descrición física XII, 137, 52 p. ; 21 cm.
Notas Reprod. facs. da ed. de: Santiago de Compostela : Tipografía Galaica, 1900.
ISBN. Ed. papel 84-96530-09-4
Depósito Legal. Ed. papel VG 1226-2005
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2005 282
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10126210
Materias
Código QR