Esta publicación recolle as actas das xornadas que baixo o mesmo título se celebraron en Santiago de Compostela en abril de 2002. A obra aborda a relación entre as ciencias de carácter histórico (como a arqueoloxía ou a lingüística) e a xenética para explicar a evolución dos pobos e as súas características actuais.

As Xornadas sobre Xenética e Historia no Noroeste Peninsular, organizadas polo Consello da Cultura Galega, foron unha ocasión axeitada para un diálogo necesario e tamén fecundo das dúas disciplinas, subliñando a inescusable relación multidisciplinar como camiño axeitado para realizar seriamente calquera análise ou investigación. Só cunha ampla intercomunicación de
saberes das diversas disciplinas poderán acadarse resultados satisfactorios para a ciencia e a cultura.
A publicación dos relatorios destas Xornadas amosa a preocupación do Consello da Cultura Galega por afondar, desde a nosa singularidade, nos espazos do coñecemento actuais e decisivos para a cultura.
Titulo Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinar
Subtítulo Actas das Xornadas celebradas os días 11, 12 e 13 de abril de 2002 en Santiago de Compostela
Coordinación Anxo Carracedo
Gerardo Pereira Menaut
Autoría Vanesa Álvarez Iglesias
António Amorim
Sandra Beleza
María Brión
Leonor Gusmâo
María Victoria Lareu Huidobro
Ramón Mariño Paz
María del Carmen Pallares Méndez
Fernando Pereira González
Gerardo Pereira Menaut
Beatriz Quintáns
Antonio Salas
Paula Sánchez Diz
Beatriz Sobrino
José Manuel Vázquez Varela
Francisco Villar Liébana
Limiar Anxo Carracedo
Gerardo Pereira Menaut
Presentación Alfonso Zulueta
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2005
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
Descrición física 236 p. : mapas ; 24 cm.
ISBN 84-96530-04-3
Depósito Legal C 2981-2005
CCG. Signatura CCG 2005 285
Url externa pdf en liña
Colección Base
Materias
Código QR