A vertedura de fuel do Prestige, durante o período errático que vai dende o accidente, o 13 de novembro, ata o afundimento, o día 19, e mais as posteriores emanacións durante varios meses dende as profundidades do Banco de Galicia fixeron deste derramo de fuel a marea negra máis excepcional que padeceu este país. Nesas datas, evidenciouse que a escasa información científica de que se dispoñía sobre as anteriores mareas negras en Galicia era só a que correspondía aos traballos de investigación publicados en revistas científicas internacionais. Ao mesmo tempo, artigos publicados en revistas locais ou de pouca difusión, comunicacións en congresos, informes de proxecto, teses de doutoramento, memorias de licenciatura e outros traballos académicos que contiñan importante información local previa non eran doados de localizar e, na meirande parte, difíciles de conseguir. Moitos destes taballos nin sequera estaban
total ou parcialmente publicados, pero contiñan datos locais e información básica moi valiosa ante unha catástrofe como a que acontecía.

A pesar de que, nas mareas negras anteriores, os recursos de I+D destinados ao estudo dos seus efectos foron moito menores, gran parte dos científicos implicados no estudo do derramo do Prestige botaron en falta a información local xerada neles. Isto foi o xermolo que levou ao Consello da Cultura Galega a plasmar a idea de recompilar nun libro a meirande parte da información científica xerada sobre a marea negra do Prestige, nos proxectos financiados cos recursos de I+D, de varios organismos públicos e privados de Galicia e do resto de España. En esencia, o obxectivo principal do libro é dobre: transmitir á sociedade o enorme esforzo científico realizado, principalmente pola comunidade científica galega, á vez que elaborar un documento de resumo que poida ser útil cando, desgraciadamente, se volva ter outra marea negra en Galicia.
Título Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08)
Avaliación e xuízo crítico
Coordinación Victoriano Urgorri
Marcos Pérez Señarís
Autoría Juan Bellas Bereijo
Fiz Fernández Pérez
José Fumega
Juan José González
Ionan Marigómez Allende
Beatriz Morales Nin
Albino Prada
Elsa Vázquez Otero
María Xosé Vázquez Rodríguez
Federico Vilas Martín
Introdución Victoriano Urgorri
Limiar Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Presentación Marcos Pérez Señarís
Victoriano Urgorri
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012
Edición 1ª edición
Descrición física VI, 465 p. : gráf., mapas ; 28 cm. + 1 CD-ROM.
Notas Subtítulo no CD-ROM: Traballos e estudos en PDF, publicados ou inéditos, autorizados ou achegados polos IPs.
Contén: CD-ROM: Artigos científicos; Teses de Doutoramento; Teses de Licenciatura; Traballos de Investigación Tutelados (TITs); Proxectos Fin de Carreira; Informes de Proxectos; Informes da Rede (IEO, CSIC, CCA, CIEMAT, GREENPEACE, OUTROS).
O ficheiro comprimido adxunto (.zip) contén 118 ficheiros repartidos en sete subdirectorios correspondentes a esas categorías de contido.
Texto en galego, español e inglés.
ISBN 978-84-92923-39-7
Depósito Legal C 2663-2012
CCG. Signatura CCG 2012 430
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:22
Materias
Código QR