Esta publicación analiza a situación sociolingüística e as expectativas e cambios que adoitan acompañala e, en boa medida, condicionala. O presente informe insírese así no ámbito de estudos de carácter sociolingüístico sobre a realidade galega. A achega principal deste traballo, malia ser modesta, céntrase en harmonizar no posible o que comeza a ser unha serie estatística sobre a situación do galego a partir de enquisas comparables, realizadas en 1992 (Mapa sociolingüístico de Galicia, realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega), 2003 e 2008 (módulo de coñecemento e uso do idioma galego, da Enquisa sobre condicións de vida das familias, do Instituto Galego de Estatística).
Título | idioma galego na sociedade, O A evolución sociolingüística 1992-2008 |
Dirección |
Henrique Monteagudo |
Autoría |
Purificación Carballo Håkan Casares Carlos Neira |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 92 p. : gráf. ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-92923-27-4 |
Depósito Legal | C 3178-2011 |
CCG. Signatura | CCG 2011 409 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:19 |
Materias | |
Código QR |