Unha alianza poderosa: os textos de Xaquín Lorenzo, "Xocas", poñen palabras aos soños gráficos de Xosé Conde Corbal, ou viceversa. Descarga esta antoloxía de láminas e comentarios etnográficos sobre a relación do home, da cultura, dos sentimentos, co noso Océano editada polo Consello da Cultura Galega.

A chamada poderosa do mar envolve, nesta edición do Consello da Cultura Galega, os xeitos de ver e contar de Xaquín Lorenzo e de Xosé Conde Corbal, ilustres parceiros na tarefa de estudar, coñecer, describir, debuxar e, xa que logo, transformar este país noso.
O mar terra adentro aparécesenos como un fermoso fresco poboado de dornas, corvos mariños, buguinas, homes e mulleres nos oficios mariñeiros e igrexas receptoras de devocións no litoral ou terra a dentro.
O mar soa e resoa na buguina da cuberta ou nas dornas pintadas por Conde Corbal e asoma polos textos de Xaquín Lorenzo, o etnógrafo con vocación de compendiador de toda a cultura material de Galicia.
O Consello da Cultura Galega homenaxea así a figura que Galicia honra no día das nosas letras e tamén ao artista que con el colabora nesta obra, facendo presente a poderosa chamada do mar.
Titulo mar terra adentro, O
Autoría Xaquín Lorenzo “Xocas”
Ilustración Xosé Conde Corbal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2004
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 39 p. : il. ; 24 cm.
Depósito Legal C 1005-2004
CCG. Signatura CCG 2004 265
Url externa pdf en liña
Materias
Código QR