Esta nova entrega da colección As Nosas Voces é unha selección de fragmentos de diversos documentos do Arquivo Sonoro de Galicia nos que se recollen varias intervencións procedentes do programa Parladoiro da Radio Galega realizado en 1985. Así mesmo, extractos dunha conversa mantida na súa casa da rúa da Paz en Ourense, en 1984, por Xocas cos alumnos do Colexio As Lagoas I por iniciativa do seu profesor Manuel Guede Oliva, así como dúas entrevistas xa editadas en 1995 co gallo do Centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense, levadas a cabo por Alfredo Vara en 1987 e por Afonso Vázquez-Monxardín en 1979.

A selección fíxose atendendo a criterios de interese histórico e ao valor emocional de distintas apreciacións, tanto pertencentes á experiencia vital do etnógrafo e galeguista, como dende unha perspectiva colectiva, con opinións e análises propios de quen posuíu unha excepcional clarividencia das dinámicas sociopolíticas do noso país.

A transcrición dos documentos sonoros que se acompaña está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Titulo Xaquín Lorenzo, Xocas
Autoría Xaquín Lorenzo
Coordinación Rodrigo Romaní
Limiar Afonso Vázquez-Monxardín
Transcrición Cristina Pujales
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2004
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia
Descrición física 1 disco (CD-DA)(1:08:28 min.) ; 12 cm + 1 libro.
Notas Fontes dos documentos sonoras: Entrevista Parladoiro-Radio Galega: 1, 3, 5, 6, 11, 12, 13 ; Entrevista Manuel Guede Oliva: 2, 4, 7, 8, 9 ; Entrevista Alfredo Vara: 14 ; Entrevista Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández.
ISBN. Ed. papel+cd-audio 84-95415-83-6 (Libro)
Depósito Legal. Ed. papel+cd-audio VG 344-2004
CCG. Signatura. Ed. papel+cd-audio CCG 2004 170; ASG-CD-L-0060
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/xocas
Colección As nosas voces; Núm:20
Materias
Código QR