O presente volume recolle os relatorios presentados no ‘Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia’ organizado conxuntamente pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación e a Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da
Cultura Galega, que se desenvolveu entre decembro de 2009 e xuño de 2010.

Na xustificación da iniciativa que acompañou o programa impreso sinalábase: «A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua no noso país, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito luso-brasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación». En efecto, pretendiamos favorecer un diálogo interdisciplinar, convidando para tanto a especialistas do ámbito da politoloxía, o dereito, a economía, a socioloxía, a educación, a comunicación e a xestión cultural ademais da sociolingüística, obviamente, e interpelando profesionais de distintas áreas relacionadas co idioma, desde a docencia e a investigación ata as industrias da cultura, pasando polo xornalismo e a planificación e a dinamización lingüísticas.
Titulo Linguas, sociedade e política
Subtítulo Un debate multidisciplinar
Edición Henrique Monteagudo
Autoría Fermín Bouza
Albert Branchadell
José del Valle
Marcelino Fernández Mallo
Mauro Fernández Rodríguez
Valentina Formoso Gosende
François Grin
A. Kraus
Georg Kremnitz
Xoán Lagares
Ángel López García-Molíns
Antón Losada Trabada
Josu Mezu
Juan Carlos Moreno Cabrera
Alba Nogueira
Miguel Pérez Pereira
Xosé Ramón Pousa
Francisco Sanjiao
Goretti Sanmartín
Bieito Silva Valdivia
Tapio Varis
José Manuel Vez
Xosé Manuel Villanueva
Limiar Henrique Monteagudo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 580 p.; 24x17 cm
Notas Recolle os informes presentados no seminario homónimo organizado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación e a Sección de Pensamento e Sociedade do Consello dá Cultura Galega.
Inclúe referencias bibliográficas.
Textos en galego e castelán.
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-42-7
Depósito Legal. Ed. papel C 2732-2012
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2012 432
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11404458
Colección Ensaio & Investigacion
Materias
Código QR