Que o primeiro gran libro poético de Rosalía de Castro leve o nome de Cantares Galegos ten unha intención explícita de vindicación da patria e de enxalzamento da súa cultura e das súas xentes. Moitos destes cantares tiñan unha raíz popular, tamén de interpretación cantada de forma coral, que é a máis popular das músicas. Pero o libro carece do oportuno libreto musical, malia a constante invocación ao canto, como aparece xa no seu primeiro poema, «As de cantar». E isto é o que pretendemos completar con este recital, que procura a converxencia da palabra e da música. «Aqueles doces cantares» de que fala o poema rosaliano atopan agora a súa expresión máis acaída con esta conmemoración da obra de Rosalía.

O resultado é este recital poético-musical co que o Consello da Cultura Galega quere contribuír a celebrar a noite da Festa das Letras Galegas e, con ela, a cultura galega toda. A letra de Rosalía cobra corporeidade na voz dunha senlleira representación de artistas da escena galega que nos fixeron o galano de aceptaren participar neste evento.
Título Aqueles doces cantares
Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro
Autoría Rosalía de Castro
Música. Composición Manuel Alejandre Prada
Karolis Biveinis
Miguel Brotóns
Carlos Cambeiro
Luís Carro
Javier Ces
Xabier Comesanha Pereira
Juan Durán Alonso
Jesús González
María Mendoza
Julio Montero
Antonio Peña
Paulino Pereiro
Juan Pérez Berná
Gloria Rodríguez Gil
Julián Rodríguez Rodríguez
Joám Trillo
Octavio Vázquez
Xoán Antón Vázquez Casas
Margarita Viso
Presentación Ramón Villares
Maximino Zumalave Caneda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 223 p. : mús. ; 30 cm.
ISMN 979-0-9013197-2-1
Depósito Legal C 776-2013
CCG. Signatura CCG 2013 441
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Materias
Áreas
Código QR