Esta publicación pretende achegarse ao fenómeno da creación audiovisual desde a vertente económica e cultural e coñecer e valorar as necesidades culturais do pobo galego no ámbito das artes visuais.

Cómpre subliñar que o Libro Branco de Cinematografía e Artes Visuais parte sempre dunha reflexión persoal dos autores sobre os fenómenos audiovisuais en e desde Galicia. Resulta importante salientar este feito, xa que durante o longo tempo que pasou dende que se propuxo a súa redacción (2001) foron aparecendo moitos e bos estudos e análises sobre o audiovisual galego, entre os que destacamos os que xurdiron do propio Consello, a través da súa Sección de Comunicación. O que agora presenta a Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Audiovisuais, da Sección de Artes Plásticas, é unha reflexión desde a historia do cinema en Galicia e dos seus profesionais que procura centrarse na importancia do sector audiovisual para a creación da nosa identidade e o mantemento do noso patrimonio cultural.
Titulo Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia
Autoría Pepe Coira
Miguel Anxo Fernández
Xosé María Folgar de la Calle
Xosé Nogueira
Jaime Pena
Isabel Sempere
Raúl Veiga
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Artes Plásticas, 2004
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Artes Plásticas
Descrición física 347 p. ; 22 cm.
ISBN. Ed. papel 84-95415-96-8
Depósito Legal. Ed. papel C 2729-2004
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2004 263
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10125865
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/libro_branco_cine
Colección Base
Materias
Código QR