Como cada ano, o Consello da Cultura Galega, institución estatutaria á que lle compete «a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego», súmase á Festa das Letras Galegas coa publicación dun texto inédito do autor homenaxeado.

Este ano publica pois a Ruada das papas e o unto, unha obra de Roberto Vidal Bolaño que apenas foi representada, aínda que foi polo seu autor cabilada para facer na rúa con mómaros e con actores, con música e con cantigas». Esta singular edición, que inclúe a reprodución facsimilar do mecanoscrito inédito, vai precedida de atinados estudos da autoría de dous expertos como Camilo Franco e Inma López Silva.
Título Ruada das papas e do unto
Autoría Roberto Vidal Bolaño
Introdución Camilo Franco
Inmaculada López Silva
Limiar Ramón Villares
Obxecto de estudo Roberto Vidal Bolaño
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 63, 65 p. : il., cor ; 21 cm.
Notas Inclúe reprod. facs. do mecanoscrito inédito do 1981.
Premios: Mención no Concurso de Teatro Infantil organizado pola Asociación Cultura O Facho en 1981.
Gardado en estoxo.
ISBN 978-84-92923-48-9
Depósito Legal C 688-2013
CCG. Signatura CCG 2013 439
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR