Os vinte anos transcorridos dende que o Consello da Cultura Galega editara o primeiro informe da comunicación en Galicia deixáronnos cambios substanciais no sector. A unha significativa eclosión de empresas, medios e proxectos sucedeulle a presente crise económica, con forte impacto no ámbito comunicativo. As augas baixan revoltas, con moitos interrogantes sen resposta, tanto para as empresas como para os xornalistas, e cun convencemento xeral de que no futuro haberá grandes transformacións na industria e na profesión. As dezasete contribucións que inclúe este volume ⎯o último en formato papel⎯ constatan as grandes mudanzas producidas dende hai dúas décadas en Galicia en eidos como a radio, a televisión, a industria publicitaria, as relacións públicas, a prensa, o cine, a internet, as novas tecnoloxías, a lingua galega ou a profesión xornalística. Amosan tamén que o mañá se albisca cheo de incertezas e de oportunidades, se a brétema dos avances tecnolóxicos e da crise económica non nos fai esquecer a importancia dos contidos e da sociedade que, de xeito cada vez máis activo e crítico, os recibe e emite. Pero iso deberá analizarse nos informes futuros, que verán a luz só en edición dixital. Cousas dos tempos da nova etapa.
Titulo comunicación en Galicia 2013, A
Coordinación Xosé López García
Manuel Rivas
Rosa Aneiros
Autoría Luis A. Álvarez Sestelo
Manuel M. Barreiro
Francisco Campos
María Jesús Díaz González
Domingo Docampo
Miguel Anxo Fernández
Víctor F. Freixanes
Manuel Gago
Berta García Orosa
Óscar Juanatey Boga
Xosé López García
Sandra Martínez Costa
Valentín Alejandro Martínez Fernández
María Isabel Míguez González
Xosé Antonio Neira Cruz
Alberto Pena
Xosé Pereira
Xosé Manuel Pereiro
Fernando Pérez González
Marcos S. Pérez Pena
Concha Pino
Xosé Ramón Pousa
Xosé Rúas Araújo
Antonio Sanjuán
Miguel Túñez López
Presentación Rosa Aneiros
Xosé López García
Manuel Rivas
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 262 p. : gráf. ; 28 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-47-2
Depósito Legal. Ed. papel C 687-2013
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2013 433
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11404688
Colección Datos & Informes
Materias
Código QR