O presente informe, centrado, como sinala o seu título, na Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos, foi elaborado por encargo da comisión técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega, dentro das actividades deste Centro.
A importancia do ámbito municipal para as accións de promoción do idioma é difícil de esaxerar. As administracións municipais son as máis próximas á cidadanía, as que teñen maior incidencia na vida local e aquelas coas que os veciños e veciñas teñen un trato máis asiduo. O traballo que presentamos é unha mostra acabada do impecable rigor técnico con que o devandito colectivo e cada un dos seus membros afrontan as tarefas que eles mesmos marcan, un rigor que apenas consegue disimular a paixón polo idioma que latexa por detrás da súa enteira traxectoria de servizo público.

Titulo | Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos |
Autoría |
Concepción Cochón Valentín García Gómez Nel Vidal Barral |
Presentación |
Henrique Monteagudo |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 96 p. : il., cor ; 28 cm. |
ISBN | 978-84-92923-32-8 |
Depósito Legal | C 368-2012 |
CCG. Signatura | CCG 2012 418 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:21 |
Materias | |
Código QR |