Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas, en 2013 o Consello da Cultura Galega convocou o Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, que se celebrou na sede da institución en Santiago de Compostela.

Co afán de potenciar a medio e longo prazo a sempre precisa renovación dos estudos rosalianos, o Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada quixo poñer en diálogo tanto rosalianistas de longa data coma pertencentes ás novas xeracións investigadoras. Todos eles achegaron olladas renovadoras dende distintos campos do coñecemento tales como a historia da ciencia e do pensamento, as migracións, a ecdótica, a historia da prensa, a teoría da literatura, etc.

Na publicación das actas recóllense por igual tanto as contribucións dos investigadores e investigadoras convidados como congresistas presenciais coma os relatorios dos que responderon ao noso chamamento para participaren no congreso virtual, sempre que superasen a revisión por pares anónimos. De forma extraordinaria, o Congreso de Santiago de Compostela complementouse coa programación de actividades rosalianas fóra de Galicia, incluíndo xornadas e sesións académicas das que tamén se recollen aquí as súas contribucións.

Titulo Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Subtítulo Febreiro - Xuño 2013
Coordinación Rosario Álvarez
Anxo Angueira
María do Cebreiro Rábade
Dolores Vilavedra
Autoría Xesús Alonso Montero
María M. Álvarez Lires
Rodrigo Andrés
Takekazu Asaka
Juan Barja
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Ángel Basanta
Carmen Blanco García
Fernando Cabo Aseguinolaza
Pilar Cagiao
María Teresa Caneda Cabrera
Olga Castro
Isabel Clúa
Luis Alberto de Cuenca
Catherine Davies
Santiago Díaz Lage
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
César Domínguez Prieto
Jonathan Dunne
Áurea Fernández Rodríguez
Xose A. Fernández Salgado
Derek Flitter
Marta Font i Espriu
Margarita García Candeira
Luis García Montero
María Pilar García Negro
Francisco Javier Gómez Montero
Helena González Fernández
José Manuel González Herrán
Carme Hermida
María Xesús Lama
Arturo Leyte
Arcadio López Casanova
Aurora López López
María López Sández
Kathleen N. March
Xurxo Martínez González
Marina Mayoral
Helena Miguélez
Henrique Monteagudo
Rosanna Moreda
María Xesús Nogueira
Xosé M. Núñez Seixas
Fernando Pereira Bueno
Carmen Pérez Pais
Andrés Pociña
Alba del Pozo
Begoña Regueiro
Carlos G. Reigosa
María Reimóndez
Ana Rodríguez Fisher
Francisco Rodríguez Sánchez
Joana Sabadell
Mariela Paula Sánchez de Simone
Goretti Sanmartín
Arantxa Serantes
María Vanesa Solís
Mirta Suquet
Dolores Vilavedra
Limiar Rosario Álvarez
Anxo Angueira
María do Cebreiro Rábade
Dolores Vilavedra
Obxecto de estudo Rosalía de Castro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 1114 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI. Ed. epub 10.17075/rcsxxi.2014
DOI. Ed. html 10.17075/rcsxxi.2014
DOI. Ed. pdf indexado 10.17075/rcsxxi.2014
Colección Publicacions dixitais
Materias
Código QR