O sector do libro e da edición está experimentando uns cambios relevantes. Os datos amosan a dificultade dun sector que segue sendo fundamental dentro da economía creativa. Estes mesmos datos tamén reflicten a realidade dunha sociedade cada día máis dependente das novas tecnoloxías. Semella que o eido editorial camiñará con paso firme cara a esa dirección, a través da publicación de libros en rede, libros electrónicos, etc. As canles poderán ser variables nun futuro, pero no que hai consenso é na importancia do libro e da súa lectura. O libro é un instrumento esencial para a información e a formación do individuo e, polo tanto, para o progreso.

Neste informe realízase un percorrido por todos os ámbitos relacionados coa edición de libros en Galicia, a súa evolución e a descrición comparativa. A análise abrangue dende os datos estatísticos máis específicos sobre a edición de libros, ata magnitudes transversais comúns para o libro que van dende a produción editorial ata os hábitos de lectura dos galegos, pasando polo estudo do sector empresarial e o mercado laboral do sector.
Título libro en cifras, O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 15 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR