Se algo é indiscutible no eido da música é o declive económico que está a experimentar o sector. Neste proceso incidiría tanto a crise económica como o aumento, a partir de setembro de 2012, do IVE cultural que pasou do 8% ao 21%. Con todo, para moitos profesionais a situación desfavorable que están a atravesar xa se entrevía dalgún xeito con anterioridade á crise. O vaticinio dun futuro incerto por parte dos axentes culturais baseábase fundamentalmente na súa extrema dependencia do financiamento público, tal e como expón a SGAE . A redución destas axudas tivo consecuencias como o recorte das programacións musicais, as contratacións, etc. Na busca de alternativas, os propios protagonistas (profesionais, promotores, investigadores, etc.) apostan polo desenvolvemento dun sistema de financiamento mixto. A sostibilidade cultural no futuro virá marcada con toda probabilidade pola implicación do sector privado e polo que se vén a chamar o ‘crowdfunding’ ou financiamento en masa.

O traballo que se desenvolve a continuación está conformado por unha gran variedade de indicadores cos que se pretende achegar información precisa e obxectiva sobre o panorama galego no ámbito da música en vivo, dende o estudo das actividades desenvolvidas ata a incidencia doutras magnitudes transversais como os factores económico, laboral, empresarial ou educativo, entre outros.
Título música en vivo, A
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 20 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR